Exposicións

Do 2 de decembro de 2005 ao 26 de febreiro de 2006 - Salade exposicións temporais do museo

Esta exposición supón un achegamento á obra de Tino Grandío en relación coa arte e os artistas da súa época, en case catro décadas de traxectoria artística. A través dos 59 óleos expostos realizaremos un percorrido pola obra de Grandío (retratos, paisaxes, animais, etc.) á vez que podremos comparar a súa temática e o seu estilo con artistas como Luís Seoane, Laxeiro, Pesqueira, Xesús Corredoyra, etc.
A exposición consta de catro seccións: Saídas expresionistas e figuración lírica, Abstracción frente a figuración, A estética do gris e A luz como poética.
O labor pictórico de…

Do 30 de xuño ao 2 de outubro de 2005 - Sala de exposicións temporais do museo

Este proxecto presenta a obra de tres destacadas artistas do realismo contemporáneo español (Amalia Avia, María Moreno e Isabel Quintanilla) pertencentes á primeira xeración de mulleres profesionais da pintura no noso país. É a súa unha pintura evocadora e próxima, a través da que dignifican o obxecto sinxelo, elevando a obra de arte a realidade cotidiana. Cada unha aporta unha visión particular do realismo: desde o matiz expresionista de Amalia, ás insinuacións impresionistas de María, pasando pola nítida realidade de Maribel, constituíndo así tres sensibilidades, tres miradas distintas…

Do 22 de xullo 2004 ao 12 de setembro de 2005 - Sala de exposicións temporais

Amósanse as 93 obras de artistas galegos e españois que compoñen a colección doada ao Museo pola viúva de don Manuel Santiago Blanco, dona Carolina González Abad.

Do 15 de decembro de 2004 ao 6 de marzo de 2005 - Sala de exposicións temporais do museo

Esta mostra xurde a partir da revisión profunda e sistemática que o Museo del Prado está levando a cabo dos seus fondos do século XIX, centrándose neste caso na figura do pintor belga Carlos de Haes (1826-1898), un dos mestres da paisaxe do século XIX en España. Reúnese aquí a máis ampla e selecta antoloxía da paisaxe realista española, nun amplo conxunto de pinturas pertencentes ao Prado gracias á xenerosa doazón realizada na súa maior parte polos seus discípulos en 1899 trala morte do mestre.
Nesta exposición pódese apreciar o papel de Haes como impulsor da transformación do xénero…

D0 28 de setembro ao 28 de novembro de 2004 - Sala de exposicións temporais do museo

Nesta mostra preséntanse dúas series de "cadros da mestizaxe" pertencentes ao Museo Nacional de Antropología de indubidable valor artístico. Estas dúas coleccións, unha mexicana e outra peruana, destacan polo seu valor científico, etnográfico e naturista xa que amosan ademais dos peculiares costumes populares (a indumentaria, as xoias...), tamén os diversos corpos e xenios herdados polos descendentes das misturas raciais, xunto cun amplo conxunto dos productos naturais dos seus países de orixe, México e Perú.

Do 14 ao 31 de outtubro de 2004

Dentro do programa expositivo do Xacobeo 2004 sitúase esta exposición, que iniciou a súa andaina en 1999, e neste ano percorre as diversas cidades de Galicia coa variante Galiciadixital: conéctate ó camiño.

Espertan un grande interese entre os visitantes as salas da montaña rusa, o navegador SANTI, a viaxe submarina, o museo baleiro ou as pantallas do Camiño.

Do 18 de xuño a 12 de setembro de 2004 - Foro do museo, primeira e terceira planta
Do 18 de febreiro ao 16 de maio de 2004 - Museo de Belas Artes

Esta exposición consta de sesenta óleos nos que se mostran retratos de nenos, pertencentes á Fundación Yannick y Jacober (Alcudia, Mallorca). A través destas obras, datadas entre os séculos XVI e XIX, acercámonos á forma de ver a infancia doutras sociedades e épocas pasadas, lonxe da sensibilidade actual, ó tempo que realizamos un percorrido polas diferentes escolas (española, italiana, alemana, inglesa, etc.) que abordaron o tema. Ao valor documental que atesoran debemos añadir o interese artístico de contemplar pezas mestras da pintura europea.

Do 12de novembro de 2003 ao 1 de febreiro de 2009 - Museo de Belas Artes

Composta por unha cuidada selección de pinturas, debuxos e gravados, complementados con esculturas, obxectos de artes aplicadas e libros ilustrados, a exposición, partindo do personaxe histórico de Mª Luísa de Orleáns, móstranos o papel que a historia reservou ás princesas das cortes europeas dentro da política internacional e as alianzas dinásticas, así como a estreita relación existente entre arte e ideoloxía política durante o período do absolutismo monárquico e o uso que se fixo das decoracións efémeras para recrear escenarios adecuados onde desenvolver o triunfo e exaltar a figura do…

do 10 de xullo ao 14 de setembro de 2003 - Museo de Artes

A figura de Arne Jacobsen, arquitecto introductor en Dinamarca das tendencias internacionais, realizou un traballo incansable durante case medio século e a súa calidade, fan que hoxe, máis de trinta anos despois da súa morte, todavía atopemos as súas pegadas tanto na arquitectura coma nos obxetos cotiáns que nos rodean. A exposición componse de dúas partes, unha primeira na que a través de grandes paneis se amosan seis dos seus principais proxectos arquitectónicos, e unha segunda, na que se exporán un mínimo de 25 pezas das máis destacadas dos seus deseños, tanto de mobiliario de pequeño…