
Exposicións
Esta mostra homenaxe dedicada a Felipe Criado (1928-2013) céntrase nos seus catro últimos anos, entre 2008 e 2012, mediante unha selección de obras coas que se tratará de reflectir as mitoloxías que definiron a identidade total do artista, a partir dalgunhas das súas series máis recoñecidas.Entre as obras escollidas están tres das súas máis célebres series (Santander, Pompeianas e Paraugas) que resumen, en termos estéticos, o longo e denso proxecto…
Partindo de tres estudos inéditos realizados por Manuel Colmeiro nos anos trinta para un mural, a exposición profundará na evolución do autor desde unha pintura simbólica a outra en que prevalece a autonomía da pintura sobre o tema, facendo fincapé na modernidade da súa opción.Para presentar esta evolución mostraranse os seus temas máis recorrentes: o nu, a paisaxe, a natureza morta, a muller campesiña ou o autorretrato, facendo ver a convivencia do primitivismo cun certo clasicismo, que se pon de manifesto tanto nos temas como na plasmación plástica.…
O museo acollerá a partir do día 18 de
setembro unha nova exposición que propón un achegamento á arquitectura Suíza,
centrada na paisaxe e no desenvolvemento sustentable, en colaboración coa
Embaixada de Suíza en España.
Instalación da obra resultado do taller impartido por Xurxo Gómez Chao dentro do cilco ARTISTAS NO MUSEO
A exposición intégrase no marco dunha vía de colaboración establecida dende fai anos entre o Museo de Belas Artes e o CGAI que atopa exemplos en mostras como a de Ruth Matilda Anderson ou a de Schmidt de las Heras, e baseada no desexo común de difundir e dar a coñecer a creación de fotógrafos históricos e contemporáneos, a través das súas obras máis destacadas, recompiladas e analizadas en completos e razoados catálogos, co fin de proporcionarlle ao conxunto da cidadanía un maior coñecemento das artes da imaxe.…
A mostra "Confluencias" ideouse como un diálogo entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e o seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), propoñendo unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas as dúas producións a raíz dos seus fortes vínculos afectivos e artísticos. O proxecto está comisariado pola viúva e nai dos homenaxeados, María Jesús Blanco, e por Piar Corredoira e contou coa colaboración da Fundación Xaime Quesada Blanco.
A exposición 100 Anos de Arquitectura e Deseño en Alemaña está organizada polo Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich e o IFA, Intituto de Relacións Internacionais, Stuttgart.Foi concebida para conmemorar o centenario da Deustscher Werkbund, a mítica Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich, co obxectivo de relacionar arte, industria e artesanía, e permite percorrer os grandes momentos da súa historia.
Mostra antolóxica
O Museo de Belas Artes da Coruña expoñerá a partir do 17 de xullo, e dentro da segunda fase da mostra Biblioteca Nacional de España: Outras miradas, a obra Chronographia sacra brabantiae tribos voluminibus distincta, de Christianum van Lom.
Percorrido polo patrimonio arquitectónico e artístico do barroco galego, a través da ollada fotográfica de seis autores contemporáneos: Vari Caramés, José Caruncho, Xurxo Lobato, Tino Martínez, Eduardo Ochoa e Xoán Piñón.