Exposicións
Instalación da obra resultado do taller impartido por Xurxo Gómez Chao dentro do cilco ARTISTAS NO MUSEO
A exposición intégrase no marco dunha vía de colaboración establecida dende fai anos entre o Museo de Belas Artes e o CGAI que atopa exemplos en mostras como a de Ruth Matilda Anderson ou a de Schmidt de las Heras, e baseada no desexo común de difundir e dar a coñecer a creación de fotógrafos históricos e contemporáneos, a través das súas obras máis destacadas, recompiladas e analizadas en completos e razoados catálogos, co fin de proporcionarlle ao conxunto da cidadanía un maior coñecemento das artes da imaxe.…
A mostra "Confluencias" ideouse como un diálogo entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e o seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), propoñendo unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas as dúas producións a raíz dos seus fortes vínculos afectivos e artísticos. O proxecto está comisariado pola viúva e nai dos homenaxeados, María Jesús Blanco, e por Piar Corredoira e contou coa colaboración da Fundación Xaime Quesada Blanco.
A exposición 100 Anos de Arquitectura e Deseño en Alemaña está organizada polo Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich e o IFA, Intituto de Relacións Internacionais, Stuttgart.Foi concebida para conmemorar o centenario da Deustscher Werkbund, a mítica Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich, co obxectivo de relacionar arte, industria e artesanía, e permite percorrer os grandes momentos da súa historia.
Mostra antolóxica
O Museo de Belas Artes da Coruña expoñerá a partir do 17 de xullo, e dentro da segunda fase da mostra Biblioteca Nacional de España: Outras miradas, a obra Chronographia sacra brabantiae tribos voluminibus distincta, de Christianum van Lom.
Percorrido polo patrimonio arquitectónico e artístico do barroco galego, a través da ollada fotográfica de seis autores contemporáneos: Vari Caramés, José Caruncho, Xurxo Lobato, Tino Martínez, Eduardo Ochoa e Xoán Piñón.
O Museo de Belas Artes da Coruña acolle esta interesante exposición organizada por AC/E, na que se explican os avatares, perigos e os labores de protección que sufriu o patrimonio artístico español durante a guerra civil.
O centro barcelonés amosa no Museo de Belas Artes da Coruña as súas mellores obras ligadas á Art Nouveau.
Do 10 de setembro ao 12 de decembro de 2010
(PRORROGADA ATA O 16 DE XANEIRO DE 2011)
A Exposición realiza un itinerario ao longo da arte española da segunda metade do século XX e inicios do século XXI, a partir dunha serie de obras que conforman a Colección de Manel Mayoral, coleccionista e galerista catalán, cunha formación e experiencia que se ven reflectidas nun patrimonio artístico coidadosamente seleccionado e atesourado durante máis de 30 anos. Así, a través das máis de 40 obras que conforman a mostra poderemos facer un percorrido cronolóxico desde Picasso a Barceló, pasando por unha longa veintena de artistas españois que realizaron importantes achegas aos…