
Os gravados de Goya no Museo de Belas Artes da Coruña
Francisco de Goya consideraba a disciplina artística do gravado como un método de aprendizaxe e un medio co que expresar de forma gráfica e libre as súas ideas. Desde 1792 acrecenta o seu interese por realizar traballos de gabinete, exercitados a través do debuxo e o gravado, facendo da investigación e a experimentación neste campo unha constante na súa produción, ata converter o conxunto dos seus álbums de debuxo e os seus máis de 300 ferros orixinais nun dos tesouros máis destacados da Arte Universal.
A súa obra como gravador é un proxecto colosal polo que apenas obtivo recoñecemento, o que lle sitúa na órbita do artista moderno que expresa a súa xenialidade á marxe de encargos e modas oficiais, creando baixo a súa propia iniciativa e preconizando con iso, o cambio de gusto da estética clasicista á romántica.
En canto á creación das estampas, vai experimentando con diversas técnicas.
O Museo de Belas Artes da Coruña conta entre os seus fondos cun total de 233 estampas de Goya pertencentes a cinco das súas series principais: