ACTIVIDADES DE OUTONO
Coa chegada do outono, o Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a súa programación de actividades de outono 2024.
Programación de actividades
Exposicións
· ARQUITECTURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO
6 de novembro de 2024 a 23 de febreiro de 2025
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña
Comisarios: Xose Manuel Casabella e Alfredo Sellier
Percorrido polas obras deseñadas por 23 arquitectos que transformaron o espazo de cidades e pobos de Galicia.
Máis información
· INVITADAS: DOS MIRADAS DE ZULOAGA
21 de novembro de 2024 a 23 de febreiro de 2025
Museo de Belas Artes da Coruña e Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
Dúas obras de Zuloaga representan as distintas representacións que o artista constrúe ao redor da imaxe nos inicios do século XX.
· TORRE DE LA PARADA. UN ESPAZO PICTÓRICO PARA RUBENS
Xaneiro 2024 - Xuño 2025
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña
Comisarios: Luis Hernández, Viviana Barneche (VideaLAB-UDC) e Museo de Belas Artes
Exposición virtual que permite coñecer a obra de Rubens no pavillón da Torre de la Parada.
Máis información
Cursos
· OS TEMAS DA ARTE: DEUSES E HEROES DA MITOLOXÍA CLÁSICA
Martes, de 18:00 a 19:00
8 de outubro a 17 de decembro
Fernando Domenech
Cun afán divulgativo, pero rigoroso, estudaremos que son os mitos clásicos e a forma particularmente rica que lle deron os gregos. A súa explicación transportaranos nunha viaxe pola historia, a arte, a literatura e os museos do mundo occidental.
Inscrición a partir do luns 30 de setembro
Máis información aquí
Club de lectura
·LecturArte
Martes, de 11:00 a 13:00 h - 15 de outubro, 19 de novembro, 17 de decembro e 21 de xaneiro
Mércores, de 18:00 a 20:00 h - 18 de setembro, 9 de outubro, 13 de novembro e 11 de decembro
Coordina: Cecilia Monllor
Un lugar de encontro para lectores/as con curiosidade sobre o tema da arte: novelas ambientadas no mundo da arte, cuxos protagonistas son artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.
Proximamente abrirase a inscrición para o grupo en horario de mañás
Máis información aquí
Obradoiros en familia
· OS ENIGMAS DA ARTE
Sábados, de 17:30 a 19:00 h
19 de outubro a 30 de novembro
Alma Blanco. Arkhé Espacio Educativo
Un museo é un lugar cheo de historias, curiosidades e misterios incribles. Cada un dos enigmas que se expoñen neste taller trasladaranos a un momento trascendente da historia da arte, a un movemento artístico revolucionario ou a un artista destacado.
Inscricións cada luns previo ao obradoiro
Máis información aquí
Conferencias
· RUBENS E A TORRE DE LA PARADA
Xoves ás 20:00 h
-
24 de outubro: Rubens no Museo. A reconstrución virtual da Torre de la Parada
Luis Hernández, Viviana Barneche (VideaLAB-UDC) e Museo de Belas Artes da Coruña -
7 de novembro: A participación española na Torre de la parada á marxe de Velázquez
Juan María Cruz (Museo Arqueológico Nacional - MAN) -
28 de novembro: Rubens no labirinto: o Minotauro da Torre de la Parada
Fátima Díez Platas (USC)
O Museo de Belas Artes da Coruña organiza un ciclo de conferencias no marco da exposición "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens".
Entrada libre ata completar aforo
Máis información aquí
Concertos
· XXVI CICLO CONCERTOS DE OUTONO
Domingos, ás 12:30 h
Ciclo de concertos dedicado a intérpretes e profesionais galegos
-
20 de outubro: Ensemble Allettamento
-
27 de outubro: Carolina Landriscini (violonchelo)
-
10 de novembro: Marta Casas (soprano) e Ludmila Orlova (piano)
-
17 de novembro: Plural Ensemble
-
24 de novembro: Dúo Adrián Pais (saxofón) e Millán Abeledo (violonchelo)
Máis información aquí