ACTIVIDADES DE OUTONO 2026
Programación de actividades de outono
Exposicións
· HABANA MATER. LUIS GABÚ
Ata o 31 de outubro de 2026
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña
Exposición de fotografías de Luis Gabú sobre A Habana e o Centro Galego de A Habana, presentadas polo artista baixo a súa persoal visión espacio- temporal sobre determinados aspectos da arquitectura da cidade e da súa historia, na que a presenza e a influencia da diáspora galega foi significativa, cunha especial mirada contorna ao Centro Galego e a súa significación.
Sala de exposicións temporais
Máis información
· CONVIDADAS. Dúas miradas de Hermen Anglada-Camarasa
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración coa Fundación "la Caixa"
Máis información proximamente
Conferencias
· RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN. Xenial, antiguo e moderno.
De outubro a decembro. Mércores, 19:00 h
No 2026 celébrase o 90 aniversario da morte de Ramón del Valle-Inclán, dramaturgo, poeta e novelista, un dos autores máis importantes da literatura do século XX.
O Museo de Belas Artes da Coruña será o escenario que acolla, entre os meses de outubro a decembro , un ciclo de conferencias abertas ao público, con personalidades relevantes do mundo das artes.
Entrada libre ata completar aforo
Máis información proximamente
Club de lectura
·LecturArte
Martes, de 11:00 a 13:00 h - 15 setembro, 13 outubro, 10 novembro e 15 decembro.
Mércores, de 18:00 a 20:00 h - 23 setembro, 21 outubro, 18 novembro e 16 decembro.
Coordina: Cecilia Monllor
Un lugar de encontro para lectores/as con curiosidade sobre o tema da arte: novelas ambientadas no mundo da arte, cuxos protagonistas son artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.
Inscrición aberta desde o 9 de setembro *PRAZAS ESGOTADAS*
Máis información aquí
Obradoiros
· OBRADOIRO AUDIOVISUAL
Do 6 de outubro ao 10 de novembro
Martes, de 17:30 a 19:30 h
Pablo Cubeiro
Inscrición previa. Público adulto
Máis información proximamente
· OBRADOIROS EN FAMILIA: Os camiños da arte
7, 14 e 21 de novembro
Sábados, de 18:00 a 19:30 h
Sonia Hermida
Inscrición previa. Familias con nenos/as de 4 a 10 anos
Máis información proximamente
Concertos
· XXVIII CICLO DE CONCERTOS DE OUTONO
Domingos ás 12:30 h
Ciclo de música dedicado a intérpretes e profesionais galegos
-
27 setembro - HAKUNA TAKEBE (piano)
*Concerto en colaboración con Festival Vertixe 14 -
11 outubro - Dúo Aria Nostra: Lis Teuntor (soprano) e Julián Jesús Pérez (piano)
*Concerto vinculado á mostra HABANA MATER. LUIS GABÚ. -
18 outubro - Laura Lorenzo (frauta) e Brais González (piano)
-
22 novembro - Elisa Vázquez Doval (piano): Auga
-
29 novembro - Dúo Marco: Marta Vélez (violín) e Constantino Pérez (piano)
Entrada libre ata completar aforo
Máis información proximamente
· TEMPORADA LÍRICA DA CORUÑA
Sábado 3 de outubro ás 18:00 h
Gala Lírica
Programación de actividades da mostra " Habana Mater "
Visitas
· Grupos e asociacións culturais
Do 22 de setembro ao 30 de outubro
Martes a venres, en horario de apertura do museo.
Reserva previa
Máis información aquí
· Público xeral
Do 17 de setembro ao 31 de outubro
Xoves e sábados ás 18:30 h
Reserva previa
Máis información aquí
Conferencias
Do 30 de setembro ao 21 de outubro
Ciclo que reúne unha serie de especialistas para tratar e afondar no coñecemento da diáspora galega a Cuba e a vinculación da sociedade galega da época co Centro Galego da Habana.
-
30 de setembro: A pegada galega en Cuba e a relación entre A Habana e A Coruña, impartida entre Arantxa Fernández Crespo e Alberto Fuentes Valcárcel.
-
14 de outubro: De raíz profunda: apuntes para unha breve historia das relacións entre Cuba e Galicia: impartida entre Pilar Cagiao Vila e Nancy Pérez Rey.
-
21 de outubro: Desde Caamouco a Casablanca, os dous barrios da mesma aldea, por Ernesto López Naveiras.
-
28 de outubro: A Habana en cinco séculos de imaxes, por Niurka Fanego, exconservadora do Museo Nacional de Bellas Artes de Cuba . Conservadora e crítica de arte independiente.
Máis información proximamente
Obradoiros infantís
· OBRADOIRO INFANTIL DE DANZA: CUBA A TRAVÉS DO BAILE
26 de setembro, 3, 10 e 17 de outubro (sesións únicas)
Sábados, de 11:30 a 13:30 h
Inscrición previa. Infancias de 6 a 12 anos
Máis información proximamente
Cinema
· CICLO DE CINE ARREDOR DA MOSTRA "HABANA MATER"
Do 6 ao 27 de outubro
Martes, ás 19:30 h
-
6 de outubro: La bella del Alhambra (1989). Dirixida por Enrique Pineda Barnet.
-
13 de outubro: Soy Cuba (1964). Dirixida por Mijaíl Kalatózov.
-
20 de outubro: Suite Habana (2003). Dirixida por Fernando Pérez.
-
28 de outubro: Gallegos: oficio de emigrantes (2008). Documental dirixido por Natasha Vázquez.
Entrada libre ata completar aforo
Máis información proximamente
Concertos
·Concertos arredor da exposición "Habana Mater"
-
· Domingo 11 de outubro, ás 12:30 horas
Dúo Aria Nostra: Guadalupe Teuntor Domínguez (Lis Teuntor), (soprano) e Julián Jesús Pérez, (piano)
*Dentro do XXVIII CICLO CONCERTOS DE OUTONO -
· Venres 30 de outubro, ás 19:30 h - CONCERTO EXTRAORDINARIO HABANA MATER
CANTARES DE LA HABANA
Raquel Capote (voz)
Magaly Rodríguez Morel (piano)
Inscrición previa
Máis información proximamente
Roteiro
· Roteiro pola pegada cubana na Coruña
Sábado, 3 de outubro, ás 11:00 horas
Alberto Fuentes Valcárcel e Arantxa Fernández Crespo
Visita guiada de 2 horas pola Coruña para explorar a profunda conexión entre Galicia e Cuba, a través da memoria material e inmaterial dos galegos que emigraron e regresaron da Gran Antilla. Este percorrido de 1,2 km levaranos a través de 200 anos de historia compartida, desde a apertura do porto da Coruña ao comercio con América en 1764 ata o peche do consulado cubano coruñés en 1961.