Actividades
Salón de actos del Museo de Belas Artes da Coruña
O Museo de Belas Artes da Coruña será o escenario que acolla, entre os meses de febreiro e novembro de 2022, un ciclo de conferencias coa vontade de renderlle homenaxe e recuperar a memoria de María Casares.
27.10.2022 - 20:00 horas
Salón de actos - Museo de Belas Artes da Coruña
O Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a celebración dun ciclo de concertos relacionados coa actual exposición After the whale. Un diálogo co Museo. Manuel Vilariño. A temática dos concertos, o Barroco e o Romanticismo, está relaciona co diálogo que se establece na exposición entre as imaxes do fotógrafo galego en contrapunto coas obras da colección permanente do Museo.
Salón de actos - Museo de Belas Artes da Coruña
Dentro do ciclo Noites na Cidade Vella, a Fundación Rogelio Groba organiza un concerto familiar a cargo do Dúo Índigo, dúo integrado por Ana Ramón e Sergio Hernández.
Co título "O Carnaval dos Animais", será un concerto didáctico dirixido ao público familiar, para o desfrute de grandes e pequenos.
Entrada libre ata completar a capacidade do salón de actos.
Plaza exterior del Museo
Este concerto, a cargo do grupo compostelán Mad Martin Trio, constitúe o evento festivo dirixido a todo tipo de público, co que o Museo de Belas Artes da Coruña inicia as súas actividades de outono de 2022.
Museo de Belas Artes da Coruña
O Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a programación dun campamento cultural de conciliación gratuíto, titulado SAÍNDO DO CADRO.
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
Tras as vangardas europeas e españolas nas dúas primeiras décadas do século XX, e tras a II República, os anos da ditadura franquista impuxeron uns baluartes doctrinales nas artes visuais que practicamente duraron ata os anos 80 do pasado século.
Museo de Belas Artes da Coruña
Obradoiros pensados para público familiar no que as educadoras conducirán aos grupos por distintos espazos do museo tratando o tema da sostenibilidade. Entre todos e todas imaxinaremos realidades distintas, mellores, para un futuro que está nas nosas mans.
Horario
Sábado 21 de maio, ás 12:00 e 17:30h
*Inscripción previa
Museo de Belas Artes da Coruña
Carla Green & The Demons fórmase en Santiago de Compostela a principios do 2017 coa intención de levar aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70. Conta cun repertorio baseado en clásicos de artistas como Etta James, Otis Redding, Wilson Pickett... En definitiva, a época dourada de selos como Chess, Stax ou Atlantic Records, pero sen descartar o soul ou o funk latino. A pesar de ser unha banda de recente formación, está composta por músicos cunha dilatada traxectoria musical dentro de estilos como o blues, o swing ou o jazz.
21 de Maio - ás 18:30 e 20:00 h
Museo de Belas Artes da Coruña
Con estas visitas musicadas, o grupo de pandereteiras do Proxecto Pesquedellas, aportan unha visión subxectiva da colección do Museo de Belas Artes, contando e cantando a través de diferentes cadros as distintas músicas que amenizaron o día a día dos galegos e galegas de antano.
Salón de actos del Museo de Belas Artes da Coruña
XXI CICLO
MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA 2022
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña
Sede: Salón de actos do Museo
Horario: 12.00 h
Entrada libre
Domingo, 27 de marzo
MUNDO PEQUENO
Vértixe Sonora
Elena Rey, violín | Nuno Pinto, guitarra eléctrica | Luc Döbereiner, electrónica | Moisés Barreiro, Pablo Coello, Sara Méndez, Adrián Pais, saxofóns
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- Páxina Seguinte
- Last page