Actividades

conciertos
Domingos 1 e 29 de outubro; 12 e 26 de novembro e 17 de decembro de 2023. - 12:30 h
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Ciclo de música dedicado a intérpretes e profesionais galegos, organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña.

cursos
Xoves, do 19.10.2023 - 14.12.2023 - 11:30 - 13:00 h
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

"Tirando do fío" atende a evolución dos valores da vestimenta a través de obra plástica relevante de cada período.

obradoiros
Sábados, 21.10.2023 - 02.12.2023 - 17:30 a 19:00 h
Museo de Belas Artes da Coruña

Obradoiros para familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos nos que se partirá do estilo barroco para novas creacións artísticas.

visitas
Venres 3 e 10 de novembro 2023 - 19:00 h
Museo de Belas Artes da Coruña

O pasado Día das Letras Galegas 2023 dedicou a súa 60ª edición á figura de Francisco Fernández del Riego, tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor galego.
Estes percorridos, deseñados  para todos os públicos, vincularán a figura de Fernández del Riego con diversas obras e autores da colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña.

visitas
24 de outubro de 2023 - 12:00 e 19:00 h
Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña

Visitas guiadas á biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña polo Día das Bibliotecas 2023

obradoiros
18.07.2023 - 01.09.2023
(agás os martes 25 de xullo e 15 de agosto) - Martes a venres, de 10:00 a 14:00 h
Sete quendas
Museo de Belas Artes da Coruña

Obradoiros de verán: Anatomía dun artista. Campamento cultural de conciliación gratuito.

visitas
11.04.2023-24.06.2023
Museo de Belas Artes da Coruña

Información sobre o programa de visitas guiadas para público xeral, grupos e asociacións

visitas
11.04.2023-23.06.2023

Información sobre o programa de visitas para público escolar

obradoiros
Sábados 15, 22 e 29 de abril; 6, 13, e 27 de maio; e 3, 10 e 17 de xuño. - 17:00 a 18:30 h
Museo de Belas Artes da Coruña

Trátase de que os participantes desenvolvan as súas propias creacións utilizando como contextualización distintas obras da exposición temporal Picasso branco no recordo azul, de tal forma que sirvan de base e inspiración.

obradoiros
Sábados 15, 22 e 29 de abril; 6, 13, e 27 de maio; e 3, 10 e 17 de xuño. - 12:00 a 13:30 h
Museo de Belas Artes da Coruña

Obradoiro de cómic usando como base as obras da exposición "Picasso branco no recordo azul".