Actividades

obradoiros
Martes, 6, 13, 20 e 27 de novembro de 2012 - de 17:30 a 19:30 h
Foro do museo

Durante séculos, as letras iluminadas, orlas e outros elementos ornamentais enriquecidos con ouro e cores brillantes utilizáronse para obter un espectacular efecto nos manuscritos. Usando o pergamiño como soporte, e ouro fino e o temple, o alumno coñecerá a técnica da iluminación.

Impartido por Ángeles Galán e Ana Camiñas.

Organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e o Concello da Coruña.

SESIÓNES DO OBRADOIRO :

Martes, 6, 13, 20 e 27 de novembro de 2012

cursos
Mércores, do 18 de abril ao 20 de xuño de 2012 - das 11:30 ás 12:30 h
Salón de actos do museo

O curso, organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e a Deputación da Coruña, pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado, pero si interesado, que busque obter unha formación básica, de forma amena e divertida, sobre a Historia da Arte, aínda que analizada a partir das distintas temáticas empregadas ao longo da historia, sendo nesta ocasión a través do xénero do retrato.Ao longo de 10 sesións achegarémonos a este xénero específico da historia da arte: o…

obradoiros
Cada sábado, do 14 de abril ao 16 de xuño de 2012 - de 17:30 a 19:30 horas
Salas do museo

Escapar dun labirinto, voar coma paxaros, ver a Hércules conducir un carro de cabalos polo ceo… son algunhas das imaxes que miraremos en familia no museo. Ao tempo coñeceremos sorprendentes historias sobre seres mitolóxicos que farán bulir a nosa imaxinación. Despois, no taller, deberemos acceder ao oráculo, seguir as súas insólitas proposicións e resolvelas a base de creatividade.

Prazas limitadas, con inscrición previa.

SESIÓNS DA ACTIVIDADE :

Cada sábado, do 14 de abril ao 16 de xuño de 2012, das 17.30 ás 19.00 h

visitas
18 de maio de 2012 - Xornada de portas abertas con visitas guiadas de 17.30 a 19.30 horas
Salas do museo

MUSEOS NUN MUNDO CAMBIANTENovos retos, novas inspiraciónsO lema do Día Internacional dos Museos 2012 é “Museos nun mundo cambiante.

conciertos
1¡9 de maio de 2012 - 20:00 - 24:00 horas
Museo de Belas Artes

A NOITE DOS MUSEOS

19 de maio de 2012

O Museo de Belas Artes súmase á celebración europea da Noite dos Museos, o 19 de maio de 2012, que anuncia e complementa o Día Internacional dos Museos. Por ese motivo o museo abrirá de forma excepcional desde as 20:00 ata as 24:00 horas durante o cal se ofrecerá ao público que se achegue ao museo as seguintes actividades extraordinarias:

obradoiros
Cada sábado, do 14 abril ao 26 de maio de 2012 - de 12.00 a 13.30 h
Foro do museo

EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE GRAVADOObradoiro realizado a partir dunha exposición de 21 estampas gravadas polo pintor sirio Ali Ali para ilustrar un Libro de Artista que, en forma de conto, naceu inspirado nas historias de tradición oral da súa Siria natal, e ás que Francisco X. Fernández Naval deu forma literaria.

cursos
Martes, do 11 de outubro ao 20 de decembro - Martes de 11:00 a 12:00
Salon de actos do museo

O curso pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado,pero si interesado, que busque obter unha formación básica, de formaamena e divertida, sobre a Historia da Arte e os fundamentos da pintura,da arquitectura e da escultura desde a Antigüidade ata a actualidade,utilizando como exemplos algunhas das obra pertencentes aos grandesmuseos e facendo especial fincapé na colección permanentedo Museo de Belas Artes.

RESERVA DE PRAZA:

. Desde esta web (premer aquí)

conciertos
18 de decembro de 2011 - 12:30 horas
Salón de actos do museo

CONCERTO EXTRAORDINARIO NOVOS VALORESConcerto organizado no marco da actividade desenvolvida poloMuseo de Belas Artes como plataforma de promoción e difusión dosprofesionais e das novas promesas do panorama musical de Galicia.Entrada libre ata completar a capacidade do local

conciertos
Domingo 18 de setembro de 2011 - 12:30 horas
Salón de actos

Espazos Sonoros volve unha edición máis cunha programación que sintetiza como nunca a valorización do patrimonio histórico, a través da súa difusión e coñecemento, e a promoción da música por medio dunha ampla programación en diferentes espazos de interese cultural.Unha programación orientada a todos os públicos e idades que xerará novamente un orixinal punto de encontro coa música e a arquitectura, nesta ocasión no Museo de Belas Artes da Coruña onde fundiránse o espazo e o son das guitarras do dúo Axioma II (Mateo Arnáiz e Javier Santaella Morales).…

obradoiros
xullo 2011 - quendas de martes a venres, de 10.30 a 13 horas
Museo de Belas Artes

Enchete de cor no Museo de Belas Artes!

 

Como cada ano, o Museo de Belas Artes organiza os obradoiros de verán no mes de xullo: Nesta ocasión presentamos unha actividade de verán para explorar as obras do Museo e promover a creatividade e a experimentación plástica. Mergullados nun mar de liñas, formas e cor gozaremos collendo o pincel, facendo trazos, enchendo de cor, xogando e divertíndonos.

Quendas: do 5 ao 8 de xullo, do 12 ao 15 de xullo, do 19 ao 22 de xullo ou do 26 ao 29 de xullo.