Actividades

visitas
Do 2 de outubro ata o 12 de decembro de 2010 - Sábados 18:30 e domingos 12:30
Sala de exposicións temporais do museo

Programa de visitas guiadas á exposición dol 2 de outubro ao 12 de decembro de 2010:

Todos os sábados ás 18:30 e domingos ás 12:30. Entrada libre para o público en xeral

(Se pertence a algunha asociación ou grupo organizado e desexa unha visita guiada para o seu grupo, por favor, contacte con nós a través do seguinte formulario ou no teléfono 981 223 723 para concretar data e hora).

Duración aproximada: 60 min.

visitas
Out. 2009 - xullo 2010 - 10:00 - 20:00
Museo de Belas Artes

VISITAS TEMÁTICAS PARA ADULTOS (GRUPOS ORGANIZADOS):

VISITA XERAL AO MUSEO. Unha visita polo máis destacado da colección do Museo de Belas Artes da Coruña. Coñeceremos pezas que van desde o século XVI ata o XXI, facendo un percorrido polos diferentes estilos que se sucederon a longo do tempo: renacemento, barroco, romanticismo, realismo, rexionalismo, as vangardas e a arte que se realiza na actualidade.

visitas
Desde o 7 de abril de 2026 - Martes a xoves, 17:30 horas

Nesta ocasión achegarémonos a “A artista”, do pintor palentino Serafín Martínez del Rincón y Trives. Unha pintura do século XIX que recentemente se incorporou ao Museo de Belas Artes como depósito do Museo del Prado e que pode verse na Sala 4.

visitas
Xoves e sábados en semanas alternas (consultar) - 18:30 h
Sala 4

Desde o Museo de Belas Artes da Coruña iniciamos unha serie de visitas didácticas tituladas ‘O museo a fondo’ coas que propoñemos deternos nunha obra procedente dos fondos do museo para descubrila cunha mirada atenta. 

Xoves e sábados ás 18:30 horas
Abril: 9, 11, 23, 25
Maio: 7, 9, 21 e 23

visitas
23 de maio de 2026 12:00, 18:30 e 20:30 horas
Sala 2

Visita didáctica na sala 2 da colección permanente do Museo, centrada na peza "Bodegón" de Juan van der Hamen y León.

visitas
23 de maio ás 12:00, 18:30 e 20:30 horas
Sala 4

Visita didáctica na sala 4 da colección permanente do Museo, centrada na peza "La Artista" de Serafín Martínez del Rincón y Trives.