ACTIVIDADES DE PRIMAVERA

Xa están aquí as actividades de primavera deste 2025!


Programación de actividades

Exposicións

· ARQUITECTURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO
Prorrogada ata o 27 de abril

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña
Comisarios: Xose Manuel Casabella e Alfredo Sellier

Percorrido polas obras deseñadas por 23 arquitectos que transformaron o espazo de cidades e pobos de Galicia.
Máis información

· TORRE DE LA PARADA. UN ESPAZO PICTÓRICO PARA RUBENS
Xaneiro 2024 - Decembro 2025
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña
Comisarios: Luis Hernández, Viviana Barneche (VideaLAB-UDC) e Museo de Belas Artes

Exposición virtual que permite coñecer a obra de Rubens no pavillón da Torre de la Parada.
Máis información

 

Cursos

· OS TEMAS DA ARTE: TIRANDO DO FÍO. A ARTE E A MODA (PARTE 2): A MODA DECIMONÓNICA
Mércores, de 11:30 a 13:00
2 de abril ao 28 de maio (agás o mércores 16 de abril)
Carolina Munáiz

O curso expón a continuidade do ciclo Tirando do fío, coa intención de abordar os cambios históricos substanciais do século XIX e de atender a consecuente evolución dos valores do traxe en Occidente. O impacto da Revolución Francesa e as transformacións paulatinas pero inauditas que carrexaría o fenómeno da industrialización, haberían de propiciar profundos e convulsos cambios sociopolíticos, síntoma dunha nova era.

Inscrición a partir do luns 24 de marzo ás 10 horas
Máis información aquí

 

Club de lectura

·LecturArte
Martes, de 11:00 a 13:00 h - 18 de marzo, 22 de abril, 20 de maio e 17 de xuño.
Mércores, de 18:00 a 20:00 h - 12 de marzo, 9 de abril, 14 de maio e 11 de xuño.
Coordina: Cecilia Monllor

Un lugar de encontro para lectores/as con curiosidade sobre o tema da arte: novelas ambientadas no mundo da arte, cuxos protagonistas son artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Inscrición aberta desde o 6 de marzo  *PRAZAS ESGOTADAS*
Máis información aquí

 

Obradoiro para adultos

· O XOGO DA ESTAMPA. OBRADOIRO DE GRAVADO.
Venres, de 17:30 a 19:30 h - do 28 de marzo ao 25 de abril.
Sábados, de 11:00 a 13:00 h- do 29 de marzo ao 26 de abril.
Isabel Pintado

O curso céntrase nas técnicas calcográficas de punta seca e aditivas. Os alumnos iniciaranse nos procesos do gravado e na súa comprensión como medio de expresión nas súas diferentes etapas: preparación e uso adecuado dos materiais, estampaxe e reprodución exacta dun número de probas orixinais por matriz.

Inscrición desde o venres 21 de marzo ás 10 horas  *PRAZAS ESGOTADAS*
Máis información aquí

 

Cinema

· MUSEOS DE CINE
Mércores, 19:30 h
2, 23 e 30 de abril

O ciclo explora as distintas formas en que o cine, tanto de ficción como documental, achégase aos museos.

Entrada libre ata completar aforo
Máis información aquí
 

Concertos

· XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
Domingos ás 12:00 h
Ciclo de música que combina a música dunha determinada época coa visita guiada polo museo, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.
  • 13 de abril: O século XVII. 
    Concerto: Les Sylvains (voz e clave)
    Visita guiada: A pintura barroca
  • 25 de maio: Paisaxes sonoras
    Concerto: Dúo Arcadia (guitarra)
    Visita guiada: A escultura galega contemporánea
  • 15 de xuño: 100 anos de Surrealismo
    Concerto: Multiplensemble
    Visita guiada: As vangardas
Máis información aquí

 

· VIII CICLO MÚSICA DE CÁMARA NO MUSEO
Sábados ás 12:00 h - 22 e 29 de marzo, 5 de abril
Conservatorio Profesional de Música da Coruña
Más información aquí
· RESIS. FESTIVAL DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA
Sábado 10 de maio, 19:00 h
Quartet Gehrard
Máis información na páxina web do Resis Festival
Recollida de invitacións en Ataquilla

 

Documentos:
Anexo Tamaño
actividades-primavera_2025.pdf 4.23 MB