Novas

O Museo de Beías Artes da Coruña anuncia a ampliación do período expositivo da mostra “Arquitecturas que falan do seu tempo" ata o vindeiro 27 de abril de 2025.

A exposición inaugurouse o pasado 6 de novembro de 2024 cunha data prevista de finalización do 23 de febreiro de 2025, mais debido ao éxito e á boa acollida por parte do público visitante, con máis de 13.000 visitantes ata o momento, a dirección do Museo de Belas Artes da Coruña acordou prorrogar a mostra dous meses máis, polo que permanecerá aberta ao público ata o próximo 27 de abril de 2025.

O Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a ampliación do período expositivo da mostra “Convidadas: Dúas miradas de Zuloaga" ata o vindeiro 23 de marzo de 2025.

A exposición inaugurouse o pasado 21 de novembro de 2024 cunha data prevista de finalización do 23 de febreiro de 2025, mais debido ao éxito e á boa acollida por parte do público visitante, con máis de 9.300 visitantes ata o momento, a dirección do Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración co MNCARS acordaron prorrogar a mostra un mes máis, polo que permanecerá aberta ao público ata o próximo 23 de marzo de 2025.

Ciclo de concertos do Conservatorio Superior de Música da Coruña

Mércores 5 de febreiro, ás 19:00 horas
Presentación do catálogo da exposición 'Arquitecturas que falan do seu tempo (1849-2024). 23+1'

CONFERENCIA OXIMÓRICA

CICLO DE CONCERTOS

CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA

Museo de Belas Artes da Coruña

Xaneiro - Febreiro 2025

Mércores, ás 19:00 h

Entrada libre

 

 

PROGRAMACIÓN

 

Martes 17 de decembro ás 19:00 horas
Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo "Cartas (1946-1979)", da editorial Renacimiento.

Concerto do ciclo Do Audible 24 con Vertixe Sonora
Domingo 1 de decembro ás 12:30 horas
Entrada libre

Inauguración da mostra "Convidadas: Dúas miradas de Zuloaga"
Xoves 21 de novembro ás 12:00 horas

Inauguración da mostra "Arquitecturas que falan do seu tempo"
Mércores 6 de novembro ás 18:00 horas