Museo
buscar



O MUSEO / O EDIFICIO / ARQUITECTURA

O EDIFICIO

O Museo de Belas Artes da Coruña ocupa o vello solar do convento das Capuchinas e, en parte, o antigo edificio do século XVIII feito por Fernando Casas y Novoa, no vértice norte do histórico barrio de Pescadería, na zona de Zalaeta, moi preto da enseada do Orzán.

O proxecto é encargado polo Ministerio de Cultura a Manuel Gallego Jorreto en 1986. En 1989 comeza a súa construcción coa recuperación de parte do antigo convento. Un ano máis tarde iníciase a segunda fase das obras, non exentas de dificultades na prospección arqueolóxica e na subministración de materiais. No verán de 1995 remátase o edificio, en outono de ese mesmo ano comeza a instalación da colección na nova sede, e o 12 de decembro abre ao público o novo museo de Belas Artes da Coruña, froito de case unha década de grande dedicación por parte do equipo de Manuel Gallego.

O edificio estructúrase en torno a un eixo central: unha rúa cunha cuberta de cristal que distribúe os espacios interiores. Á dereita, o vello predio do século XVIII recuperado como espazo de exposición. Á esquerda a construcción de nova planta, zona de exposición, de almacén e de servizos internos do museo. Na mesma planta baixa unha ampla zona de acollida –na que se mostra a colección de escultura contemporánea galega-, a sala de exposicións temporais e o salón de actos.

A sabia conxugación das proporcións, a elección de materiais –madeira de faia, lousas de granito, cristal, chapa metálica-, a integración no entorno urbán, o xeito brillante de acoller a colección, a sutileza das formas, a mestría no uso da luz, o bo funcionamento do edificio  para os traballos museográficos, entre outras razóns, permitiron que Manuel Gallego acadara o premio Nacional de arquitectura por este proxecto.

   en papabras de David Cohn: «é difícil atopar palabras para unha obra tan sutil, sabia e finamente elaborada como é o museo de Belas Artes. Nas mans de Manuel Gallego, a arquitectura destílase e ascende para converterse nun medio de percepción sensual, de materia, de movemento, espacio e luz, sen renunciar a ningunha das súas responsabilidades máis terreais»


INSTALACIÓNS:

SALAS DE EXPOSICIÓN PERMANENTE

Seis salas distribuídas en tres plantas que acollen a colección de pintura, escultura e artes decorativas do museo. Máis dúas salas no recuperado convento das capuchinas que acollen as coleccións de gravados de Goya e de cerámica de Sargadelos.

SALA DE EXPOSICIÓN TEMPORAL

Sala de máis de 300m² que se distribúe en dúas plantas, á que se accede dende a planta baixa, preparada para acoller obras de arte de formato moi diverso.

ÁREA INTERNA

Paralelamente as salas de exposicións temporais no edificio de nova planta, distribúense en vertical espacios que acollen as seguintes funcións: servicios de maquinaria, almacéns e servicios fotográficos, accesos de persoal, control, servicios internos de mantemento, biblioteca, administración, dirección, áreas de conservadores, talleres de restauración e instalacións técnicas.

ALMACENAXE E SALAS DE RESERVA

Situada no soto do edificio con conexión á rúa e as salas a través de dous montacargas de gran capacidade. Áreas de almacenaxe climatizado e zonas de traballo.

PLANTA BAIXA

Salón de actos con capacidade para unhas 110 persoas. Área de recepción e servizos de recepción, tenda e roupeiro. Zona de control de visitantes e seguridade. Exposición da colección de escultura contemporánea. Área de didáctica.

BIBLIOTECA

Espazo de acceso restrinxido que conta con oito postos de lectura e máis de 9000 obras de consulta.


VÍDEO:

Manolo Gallego comenta o edificio do Museo de Belas Artes da Coruña, dentro da exposición "DOMUSAE: Espacios para la Cultura"


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.