Museo
buscar



URBANO LUGRÍS, Mariña surrealista (1969)





Mariña surrealista é un cadro que traballamos nos percorridos O mar no museo e o O coleccionista de tesouros.

Urbano Lugrís é un pintor moi interesante á hora de traballar cos máis pequenos, pois os seus cadros están cheos de cores e fantasía, sempre relacionados co mundo do mar.

Diante de Mariña surrealista xogamos a descubrir os diferentes elementos que conforman o cadro e que chaman a atención dos alumnos. A serea, a illa, a buguina...

Falamos do ceo misterioso e irreal e a continuación imaxinamos entre todo que é o que pode estar acontecendo neste misterioso lugar.

Veremos como o cadro está pintado con moito detalle e minuciosidade, e como o Lugrís se inspira na súa imaxinación e non na realidade á hora de buscar os temas das súas pinturas.

Tamén falaremos do autor. Quen era Lugrís, como pintaba os seus cadros e os seus murais, a súa vida de pintor excéntrico... Descubriremos así a un dos artistas  sobranceiros dentro da arte galega.


MATERIAIS EDUCATIVOS


FICHA TÉCNICA DA OBRA


FICHA DIDÁCTICA




ACHÉGATE

Reapertura do Museo desde o 21 de maio de 2020

Prórroga da exposición de Seoane hasta o 20 de setembro de 2020.

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.