Actividades

visitas
26.11.2024-22.02.2025 - Mañás, ás 10:30 e 12:30 h / Tardes ás 17:00 e 18:30 h

Dentro do marco da exposición Arquitecturas que falan do seu tempo o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para grupos e asociacións culturais para coñecer a figura de 23 arquitectos académicos da Real Academia Galega de Belas Artes, que coas súas creacións modelaron e transformaron o espazo de cidades e pobos.


Datas: desde o 26 de novembro de 2024

otros
23-24 / 01 / 2025 - 19.00 h
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes organiza un ciclo de conferencias no marco da exposición "Arquitecturas que falan do seu tempo".

otros
Mércores 18 de setembro, 9 de outubro, 13 de novembro e 11 de decembro de 2024. - de 18:00 a 20:00h - PRAZAS ESGOTADAS
2º GRUPO: Martes, de 11:00 a 13:00h. 15 de outubro, 19 de novembro, 17 de decembro e 21 de xaneiro de 2025.
Salón de actos do museo

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta LecturArte, o primeiro clube de lectura organizado desde o museo, en colaboración coa Asociación de Amigos.

Quendas:
Martes, de 11:00 a 13:00 horas
Mércores, de 18:00 a 20:00 horas

cursos
Martes, do 8 de outubro ao 17 de decembro de 2024 - 18:00 a 19:00 horas - PRAZAS ESGOTADAS
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Novo curso do ciclo "Os temas da arte": Deuses e heroes da mitoloxía clásica.

obradoiros
Sábados, do 19 de outubro ao 30 de novembro de 2024 - 17:30 a 19:00 h
Museo de Belas Artes da Coruña

Obradoiros para familias con nenos e nenas de 4 a 10 anos nos que se coñecerán historias, curiosidades e misterios das obras da colección do museo.

Inscrición o luns previo a cada sábado de obradoiro.

otros
Xoves 24 de outubro, 7 de novembro e 28 de novembro de 2024 - 20:00 horas
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes organiza un ciclo de conferencias no marco da exposición virtual interactiva "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens".

conciertos
Domingos, 20 e 27 de outubro; 10, 17 e 24 de novembro de 2024 - 12:30 horas
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Ciclo de música dedicado a intérpretes e profesionais galegos, organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña.
Domingos 20 e 27 de outubro; 10, 17 e 24 de novembro de 2024.
12:30h

visitas
24 de outubro de 2024 - 19:00 h
Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña

Visita guiada á biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña polo Día das Bibliotecas 2024

obradoiros
Martes a venres do 16.07.2024 - 06.09.2024 - 10:00 a 14:00 horas
Museo de Belas Artes da Coruña

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas e nenos, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.

conciertos
09.06.2024 - 12:30 horas
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Concerto da VII edición do festival, que nesta ocasión homenaxea ao compositor italiano Luigi Nono polo seu centenario.