Exposicións
O Museo de Belas Artes da Coruña presenta unha exposición dedicada ao pintor coruñés Alejandro González Pascual (1930-1993), unha das figuras máis singulares das últimas décadas do século XX da plástica galega. Esta mostra continua a serie de exposicións monográficas organizadas polo Museo dedicadas a diferentes pintores galegos, como as realizadas anteriormente sobre Tino Grandío, Antonio Tenreiro, Manuel Colmeiro, Felipe Criado e Alfonso Sucasas.
A exposición trata de dar a coñecer os obxectos pertencentes ao legado da familia de Emilia Pardo Bazán, por medio dunha singular intervención arquitectónica instalada na sala 5 do museo. A mostra complétase con outros fondos da propia colección do Museo, que permiten recrear o que foi a vida coruñesa da época da célebre escritora e os ambientes e personaxes que tiñan relación con dona Emilia.
Con motivo da dedicatoria do Día das Artes Galegas 2019 á figura de Luís Seoane, o Museo de Belas Artes da Coruña expón unha selección de obra gráfica e pictórica do polifacético autor coruñés, procedente do importante
legado efectuado no seu día á citada institución por Maruxa Seoane, viúva do pintor.
A exposición monográfica "Pinceladas ocultas" mostra o proceso de restauración da obra Arrepentimento de San Pedro de Francisco Collantes, pintor español de escola madrileña barroca do século XVII.


O Museo de
Belas Artes da Coruña enriquece a súa colección permanente de arte galega co
depósito de tres pinturas do artista Alberto Datas que a familia realiza
coincidindo cos actos de homenaxe ao artista cando se cumpre o aniversario do
seu pasamento.
O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a exposición dedicada á obra do artista Alfonso Sucasas, cunha lectura da súa obra a través de novas liñas de interpretación do seu traballo e co fin de coñecer mellor os postulados desde os que pintaba, os seus intereses e as súas inquedanzas.
Intervención do artista nas salas do museo con 33 personaxes da súa serie Dobremente Vixiados que interaccionan con obras da colección permanente do museo.
Unha fascinante historia da vivenda de baixo custo a través de dez insólitas biografías