ACTIVIDADES DE OUTONO 2025

Programación de actividades de outono

 

Exposicións

· A BARCA DE CARONTE. A TRAVESÍA VITAL DE ISAAC DÍAZ PARDO
Ata o 14 de decembro de 2025

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña
Comisario: Xosé Díaz Arias

Percorrido pola traxectoria do artista, desde a súa primeira etapa pictórica ata a última, de deseño industrial, pasando pola transición plástica e o estudo e posta en práctica dos sinais que trasmite a tradición e a memoria, coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia e os seus proxectos.

Sala de exposicións temporais
Máis información

 

· TORRE DE LA PARADA. UN ESPAZO PICTÓRICO PARA RUBENS
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña
Comisarios: Luis Hernández, Viviana Barneche (VideaLAB-UDC) e Museo de Belas Artes

Exposición virtual que permite coñecer a obra de Rubens no pavillón da Torre de la Parada.

Sala 2 da colección permanente
Máis información

 

Conferencias

· MARUJA MALLO. DE GALIZA ÁS VANGARDAS DO SÉCULO XX
Mércores, 19:00 h
  • 8 outubro - Carmen Gaitán “Imaxinarios transatlánticos. Maruja Mallo e o nadal como motivo artístico”
  • 12 novembro - Patricia Molins “Os mares de Maruja Mallo”
  • 3 decembro - José Luis Ferris “Mortal e deusa. As 14 almas de Maruja Mallo”
Entrada libre ata completar aforo
Máis información aquí

 

Club de lectura

·LecturArte
Martes, de 11:00 a 13:00 h - 16 setembro, 7 outubro, 11 novembro e 9 decembro.
Mércores, de 18:00 a 20:00 h - 24 setembro, 15 outubro, 19 novembro e 17 decembro.
Coordina: Cecilia Monllor

Un lugar de encontro para lectores/as con curiosidade sobre o tema da arte: novelas ambientadas no mundo da arte, cuxos protagonistas son artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Inscrición aberta desde o 8 de setembro *PRAZAS ESGOTADAS*
Máis información aquí

 

Obradoiro de manga

· O MUSEO E O MANGA
Do 26 de setembro ao 18 de outubro
Venres, de 18:00 a 20:00 h
Sábados, de 11:30 a 13:30 h
Marta Del Pozo Vilá (@lapintoramarta)

Introdución á historia do manga e formación en exercicios dinámicos, teoría anatómica e da cor, escritura do nome en xaponés e creación dun cómic-puzzle relacionado co museo.

Inscrición previa. Público: 12 a 16 anos.
Máis información aquí

 

Concertos

· XXVII CICLO DE CONCERTOS DE OUTONO
Domingos ás 12:30 h
Ciclo de música dedicado a intérpretes e profesionais galegos
  • 26 outubro - José Suárez
  • 9 novembro - Adhara Dúo
  • 16 novembro - Paula Ríos (piano)
  • 30 novembro - La Moresca
Entrada libre ata completar aforo
Máis información aquí

 

·IV NOITES DA CIDADE VELLA
  • Venres, 26 de setembro ás 19:00 h
    Jun Hyung Lee Lee (cello)
    Karla Martínez (piano)
  • Sábado 11 de outubro ás 12:00 h
    Dúo Índigo (piano)

 

· TEMPORADA LÍRICA DA CORUÑA
Sábado 4 de outubro ás 19:00 h
Generación ascendente

 

· FANZINE FEST
Martes 2 de decembro ás 20:00 h
Festival de música electrónica
Bombyx Blow (live) e Jëan Fixx (live)

 

Programación de actividades da mostra " A Barca de Caronte "

 

Visitas

· Comunidade educativa
Do 7 de outubro ao 12 de decembro
Martes a venres ás 10:30, 12:00 e 15:30 h
  • Educación Infantil: Un artista con moitas mans
  • Educación Primaria: Navegando polos mundos de Isaac
  • Do mito á realidade: unha travesía pola vida e obra de Isaac Díaz Pardo
Reserva previa
Máis información aquí

 

· Grupos e asociacións culturais
Do 7 de outubro ao 12 de decembro
Martes a xoves ás 17:30 e 18:30 h
Reserva previa
Máis información aquí

 

· Público xeral
Do 19 de setembro ao 13 de decembro
Venres e sábados ás 18:30 h
Reserva previa
Máis información aquí
 

Xornadas científicas sobre Isaac Díaz Pardo
23 e 24 de outubro

Diversos especialistas na figura de Isaac Díaz Pardo analizarán a súa vida e arte en torno aos diferentes bloques nos que se dividirán as xornadas.

  • Bloque 1. A pintura de Isaac Díaz Pardo
  • Bloque 2. A cidade de Bos Aires e os artistas no exilio
  • Bloque 3. A identidade galega e a integración das artes. Sargadelos e o Laboratorio de Formas
Inscrición previa
Máis información sobre o programa ·PROXIMAMENTE PUBLICAREMOS A DATA DE APERTURA DA INSCRICIÓN·

 

Cursos

· OS TEMAS DA ARTE: ARTE E CULTURA EN GALICIA. EXILIOS E RETORNOS (1930-1975)
Mércores, de 11:30 a 12:30 h
Alberto Cartón

O curso Exilios e retornos propón unha análise vertebral dos significados múltiples da creación cultural en Galicia dentro do ámbito do Estado e das relacións e fluxos cos artistas e intelectuais galegos exiliados durante e tras a guerra civil española.

Inscrición previa. Prazas limitadas.
Máis información aquí
 

Cinema

· ISAAC DÍAZ PARDO NA PANTALLA
Martes 18 e 25 de novembro ás 19:30 h
Entrada libre ata completar aforo
Máis información aquí ·PROXIMAMENTE·

 

Concertos

·OS CARTEIS DE CEGO NA OBRA DE ISAAC DÍAZ PARDO
Sábado 22 de novembro ás 19:00 h
Omar Calderón e Tania Caamaño

As historias dos carteis de cego de Díaz Pardo cobrarán vida para poñer banda sonora a esta mostra.

Inscrición previa
Máis información aquí ·PROXIMAMENTE PUBLICAREMOS A DATA DE APERTURA DA INSCRICIÓN·

 

Obradoiros en familia

· TRAS AS PEGADAS DE ISAAC DÍAZ PARDO
Do 18 de outubro ao 29 de novembro
Sábados de 18:00 e 19:30 h
Alma Blanco. Arkhé Espacio Educativo

Inspirándose en diversas obras da exposición temporal, os participantes desenvolverán as súas propias creacións.

Familias con nenos/as de 4 a 10 anos
Actividade incluída dentro do Plan Corresponsables
Máis información aquí
Documentos:
Anexo Tamaño
actividades-outono-2025.pdf 4.11 MB
outono-2025_.pdf 44.22 KB