ACTIVIDADES DE PRIMAVERA 2026

Xa están aquí as actividades de primavera deste 2025!


Programación de actividades

Exposicións

· HABANA MATER. LUIS GABÚ
Abril - Outubro 2026
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña

Exposición de fotografías de Luis Gabú sobre A Habana e o Centro Galego. Presentadas baixo a súa persoal visión espacio-temporal, céntrase na arquitectura desta cidade na que a presenza e influencia da diáspora galega foi significativa.

Máis información proximamente

 

· TORRE DE LA PARADA. UN ESPAZO PICTÓRICO PARA RUBENS
Xaneiro - Decembro 2026
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña
Comisarios: Luis Hernández, Viviana Barneche (VideaLAB-UDC) e Museo de Belas Artes

Exposición virtual que permite coñecer a obra de Rubens no pavillón da Torre de la Parada.

Máis información

 

Cursos

· CICLO "OS TEMAS DA ARTE": HÉROES E HEROÍNAS DA MITOLOXÍA CLÁSICA
Martes, de 18:30 a 20:00
7 de abril a 26 de maio
Fernando Domenech

Este curso continúa a viaxe iniciada no outono 2024, poñendo o foco sobre os heroes e especialmente as heroínas que tanta relevancia tiveron na tradición mítica.

Inscrición a partir do martes 24 de marzo ás 10 horas  *PRAZAS ESGOTADAS*
Máis información aquí

 

Visitas

· MUSEO A FONDO
Xoves e sábados, 18:30
A partir do 12 de marzo

Desde o Museo de Belas Artes da Coruña iniciamos unha serie de visitas didácticas tituladas ‘O museo a fondo’ coas que propoñemos deternos nunha obra procedente dos fondos do museo para descubrila cunha mirada atenta.
Nesta ocasión achegarémonos a “A artista”, do pintor palentino Serafín Martínez del Rincón y Trives. Unha pintura do século XIX que recentemente se incorporou ao Museo de Belas Artes como depósito do Museo del Prado e que pode verse na Sala 4.

Inscrición necesaria cada luns previo
Máis información aquí

 

Club de lectura

·LecturArte
Martes, de 11:00 a 13:00 h - 10 de marzo, 14 de abril, 12 de maio e 9 de xuño.
Mércores, de 18:00 a 20:00 h - 18 de marzo, 22 de abril, 20 de maio e 17 de xuño.
Coordina: Cecilia Monllor

Un lugar de encontro para lectores/as con curiosidade sobre o tema da arte: novelas ambientadas no mundo da arte, cuxos protagonistas son artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Inscrición desde o 4 de marzo  *PRAZAS ESGOTADAS*
Máis información aquí

 

Obradoiro para adultos

· OBRADOIRO DE GRAVADO EN RELEVO
Venres, de 17:30 a 19:30 h - do 8 de maio ao 5 de xuño.
Iria do Castelo

Desde a xilografía medieval ata o linogravado contemporáneo, o relevo ofrece un amplo campo de posibilidades expresivas e formais. Este obradoiro propón un percorrido progresivo por distintas técnicas de gravado en relevo, combinando a experimentación práctica coa aprendizaxe de recursos técnicos.

Máis información proximamente

 

Obradoiro infantil

· OBRADOIRO DE DANZA. CUBA A TRAVÉS DO BAILE
Sábados, de 12:30 a 13:45 h - do 30 de maio ao 27 de xuño.
Anilce Scasso

Taller de danza para descobrir a cultura cubana a través do seus bailes, músicas, ritmos e instrumentos tradicionais. A través de xogos, coreografías sinxelas e dinámicas en grupo, desenvolverán cuestións como coordinación, movemento, expresión corporal e traballo en equipo.

Máis información proximamente

 

Cinema

· III CICLO "MUSEOS DE CINE"
Mércores, 19:30 h
8, 15 e 29 de abril

O ciclo explora as distintas formas en que o cine, tanto de ficción como documental, achégase aos museos.

Entrada libre ata completar aforo
Máis información
 

Concertos

· XXV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
Domingos ás 12:00 h
Ciclo de música que combina a música dunha determinada época coa visita guiada polo museo, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.
  • 7 de xuño: 
    Concerto: Dúo Fasla-Prolat (violín e violonchelo)
    Visita guiada: Arte galega do século XX
  • 14 de xuño: 
    Concerto: Alejandra Díaz (violonchelo) e Julio Mourenza (piano)
    Visita guiada: Os gravados de Goya
  • 21 de xuño:
    Concerto: Doménico Codispoti (piano)
    Visita guiada: O Romanticismo na pintura
Máis información proximamente

 

· IX CICLO MÚSICA DE CÁMARA NO MUSEO
Sábados ás 12:00 h - 11, 18 e 25 de abril
Conservatorio Profesional de Música da Coruña
Más información proximamente

 

· FESTIVAL RESIS
Sábado 24 de maio, 12:00 h
A voz de Ofelia
Luna Celemín (voz) e Christian Camino (piano)
Máis información proximamente
Documentos:
Anexo Tamaño
primavera-2026_gal.pdf 976.36 KB