Novas

ESTE VERÁN...VIVIMOS O ESPAZOFinalizaron os campamentos de verán que o museo viña ofrecendo durante o mes de xullo en quendas semanais, para rapaces de 6 a 12 anos.Este ano adicáronse a explorar o espazo, un elemento básico da arte, mediante os corpos, os sentidos e as emocións. Comezaron polo propio Museo, transitando o seu espazo arquitectónico e descubrindo todos os seus segredos. E continuaron paseando dentro dos cadros para coñecer como os vellos artistas aprenderon a representar o espazo nas súas obras; experimentando coa importancia da luz e tamén da escuridade.

Xa rematou o curso. Durante estes meses case dez mil alumnos de diferentes centros da comarca da Coruña e doutros lugares de Galicia visitaron o museo. Comezamos alá polo mes de outubro do ano pasado, e case sen decatarnos estamos xa a finais de xuño, e é tempo de despedirse ata despois do verán, de agradecervos a vosa presenza no noso centro e de invitarvos as nosas actividades educativas para o vindeiro curso.

Conferencia "A arquitectura sagrada do Antigo Reino de Galicia", por Alfredo Vigo Trasancos.

Conferencia "A arquitectura sagrada do Antigo Reino de Galicia", por Alfredo Vigo Trasancos.

Encontros en aras dunha sociedade integradora e respetuosa coa diversidade, a diferencia, a alteridade e a excepcionalidade.

O museo libera libros con motivo do Día Internacional do Libro

Xoves e Venres Santo

Visita guiada con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres

Conferencia "A lectura no século XXI" por César Antonio Molina