Museo
buscar



EXPOSICIÓNS / HISTÓRICO

Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña<br>O legado de Maruxa Seoane Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña
O legado de Maruxa Seoane


LUIS SEOANE NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA.

O LEGADO DE MARUXA SEOANE

 

O Museo de Belas Artes da Coruña posúe unha importante colección de obras pertencentes a un dos máis grandes artistas galegos representante das vangardas históricas do século XX e figura indiscutible do sentir cultural e político do exilio e a emigración galega en Bos Aires e América, o polifacético pintor Luís Seoane.

As obras foron legadas ao Museo a través da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes por vontade da súa viúva, Elvira Fernández (Maruxa Seoane) que dedicou o seu esforzo ao fomento, conservación, retorno e difusión en Galicia do legado do seu home. Dito legado  componse de 42 óleos, 252 gravados soltos e en cartafoles, e 6 libros ilustrados.


Ante a especial relevancia desta colección, e coincidindo co feito de que este ano a Real Academia Galega de Belas Artes dedicou o Día das  Artes  Galegas á figura de Luís Seoane, o Museo de Belas Artes da Coruña quere dedicar unha gran exposición á vida e obra do citado autor, poñendo un especial acento na persoa de Maruxa Seoan, como promotora do importante legado, expoñendo a totalidade do mesmo.

Así, partindo das obras que integran a citada colección, onde se representa un amplo abanico de temas, técnicas e estilos, o discurso expositivo pretende facer un achegamento á obra do pintor, desde principios dos 50 ata pouco antes do seu falecemento en 1979, ao longo de catro grandes bloques temáticos que ocuparon un importante lugar no seu universo iconográfico:  a muller galega,  a natureza e a paisaxe, a guerra e a denuncia social e os mitos, tradicións e lendas, temas todos eles que nos falan da existencia dun pasado cultural e unha iconografía propia.

Ademais, a exposición incorpora unha sección introdutoria de carácter pedagóxico, onde se desmenuzan, baixo unha formulación estritamente didáctica, as distintas facetas desenvoltas  ao longo da súa obra (pintor, gravador, ilustrador, cartelista), así como os procedementos e as técnicas empregadas. Con axuda de obras orixinais, vídeos, textos e maquetas nesta sección explícansenos as distintas técnicas de gravado empregadas (xilografía, serigrafía e litografía), a evolución estilística e formal das súas representacións ou a actividade despregada como deseñador gráfico.

De forma paralela, está prevista a realización dun catálogo razoado que recollerá as fichas de inventario e as fotografías da colección íntegra.

Como actividades educativas complementarias á mostra, están programadas visitas guiadas a centros escolares, grupos e visitantes individuais, así como obradoiros de gravado onde se traballarán as técnicas empregadas por Seoane.

 


ACTIVIDADES


VISITAS GUIADAS

Desde o 7 de xaneiro ao 8 de marzo de 2020
 

VISITAS LIBRES

A partir do 11 de xaneiro de 2020

-Sábados ás 18:30 horas


GRUPOS CULTURAIS

-Mércores ás 18:30 horas

-Xoves e venres ás 12:00 horas

Máximo 25 persoas, mínimo 15 persoas.

Solicitude: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

 

GRUPOS ESCOLARES

Para grupos de 5º e 6º de Primaria, ESO e Bacharelato.

-Martes e mércores ás 11:00 e ás 12:30 horas

-Martes 15:30 horas

Máximo 30 alumnos por hora e grupo, mínimo 15 alumnos (un aula)

Solicitude: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal