
Legado Emilia Pardo Bazán no Museo de Belas Artes da Coruña
A exposición trata de dar a coñecer os obxectos pertencentes ao legado da familia de Emilia Pardo Bazán, por medio dunha singular intervención arquitectónica instalada na sala 5 do museo. A mostra complétase con outros fondos da propia colección do Museo, que permiten recrear o que foi a vida coruñesa da época da célebre escritora e os ambientes e personaxes que tiñan relación con dona Emilia.
Máis información sobre as pezas destacadas aquí
CONTIDO DA EXPOSICIÓN
O Museo de Belas Artes conserva un conxunto de obxectos que pertenceron a Emilia Pardo Bazán.
No ano 1946 a filla da escritora, María de las Nieves Quiroga y Pardo Bazán, marquesa viúva de Cavalcanti, doa ao Museo un retrato de Dona Emilia pintado por Xesús Corredoyra e un conxunto de 215 moedas que abarcan desde o período romano ata o século XIX.
En 1950 o director do Museo, José Seijo Rubio, quere ampliar a colección con testemuñas de coruñeses ilustres e solicita a María de las Nieves Quiroga y Pardo Bazán ampliar a doazón cunha serie de obxectos persoais da escritora: Un retrato de Emilia Pardo Bazán pintado por Vaamonde, unha escribanía de despacho cunha pluma, o misal que usou o día do seu matrimonio, un estoxo que contén unha plumilla de ouro, e un manuscrito autógrafo de contido artístico.
Completa esta relación de obras ligadas a Emilia Pardo Bazán un tapiz antigo que se incorporou aos fondos do museo mediante o Legado testamentario no ano 1968,de María Estaban Collantes y Sandoval, irmá da esposa do fillo de dona Emilia. Este Legado testamentario tamén conten un retrato da condesa de Torre de Cela, esposa de Jaime Quiroga y Pardo Bazán.
VÍDEO DA EXPOSICIÓN
Obxectos Doados por María de las Nieves Quiroga y Pardo Bazán, Marquesa Vda. de Cavalcanti
- Retrato de Emilia Pardo Bazán. Óleo/lenzo. Xesús Corredoyra, 1915
- Retrato de Emilia Pardo Bazán. Pastel/papel. Joaquín Vaamonde, 1896
- Manuscrito sobre Goya. Emilia Pardo Bazán. 1900-1904
- Escribanía. Prata. Prateiro: Domingo Antonio de Castro. 1808
- Pluma. Prata e ametista. Século XIX
- Misal. Editor : A. Laplace, 1866
- Estoxo (con plumilla no interior). Xoieiros: Masriera Hermanos, c. 1895-1915.
Obxectos Doados por María Esteban-Collantes y Sandoval. Condesa de Esteban-Collantes (Irmá da nora de Emilia Pardo Bazán)
- Retrato da Condesa de Torre de Cela. Pastel/papel. Joaquín Vaamonde, 1897. Trátase de Manuela Esteban-Collantes y Sandoval, esposa de Jaime Quiroga y Pardo Bazán,
- Tapiz. Speculum Humanae Vitae. Liño, lá, seda, c.1590-1630
A mostra complétase con outros fondos da colección do Museo vinculados á obra literaria da Emilia Pardo Bazán, á súa vida na Coruña e ás súas amizades:
- "A cidade do seu tempo". Descríbea na súa obra literaria, baixo o nome ficticio de Marineda.
- Puerto de A Coruña (Martínez Abades) 1896
- Vista de A Coruña (Ferrant Fischermans) 1891
Relación con personaxes coruñeses
- Retrato de D. Ramón Pérez Costales, de Joaquín Vaamonde 1897
- Fotografía de Marcial del Adalid e a escritora Fanny Garrido
- Partitura, de Marcial del Adalid 1877
- Plancha de cinc para impresión de partitura de Marcial de Adalid co texto de poesía de Fanny Garrido
- Xardín do Pazo de Marcial del Adalid. Francisco Lloréns. Óleo/lenzo 1918
- Retrato do naturalista Juan Lembeye y Lartaud, Francisco Sobrino Óleo/lenzo, 1864
- Fotografía da Inauguración da Exposición de Arte Gallego, A Coruña, 1917. Palacio de María Pita. (Emilia con pintores, escultores e periodistas) 1917
- Abanico con dedicatoria á súa nora. 1920
- Poesía de Blanca de los Ríos. 1950
Anexo | Tamaño |
---|---|
Nota de Prensa_0.pdf | 271.75 KB |
Nota de Prensa_cast.pdf | 279.67 KB |