América e o exilio

Desde que en 1955 Isaac viaxa a Bos Aires invitado polo Centro Galego para expoñer as súas pinturas e cerámicas, xa non deixará Arxentina ata o ano 1967. Alí crea a sociedade Zeltia S.A. que pon en marcha a factoría de Porcelanas de Magdalena, crisol de renovación. O contacto co grupo de exiliados, en especial con Luis Seoane, dará lugar ao proxecto Laboratorio de Formas, que formulará as bases teóricas das iniciativas industriais e culturais na Galicia atrasada da ditadura.

Imaxe: