ORGANIZA A TÚA VISITA

Horario da exposición

Martes a venres de 10 a 20 h
Sábados de 10 a 14 e de 16:30 a 20 h
Domingos de 10 a 14 h
Luns pechado

 

 

Como chegar

Pode chegar ao museo nas liñas de autobús urbano 4, 5, 6, 6A, 7 e 11 (parada na rúa Panadeiras).

Accesibilidade

As instalacións do museo están adaptadas para a circulación de persoas con mobilidade reducida.

Conta con ascensor, ramplas e aseos adaptados.

Normas da visita

É necesaria a reserva de prazas para actividades e visitas de grupos.

Está admitida a entrada de cans guía.