Unha transición firme

Nesta sección amosarase o seu cambio radical de rumbo, da pintura á cerámica, xa que en 1949 funda a sociedade Cerámicas do Castro SL, que instala no lugar do Castro de Samoedo, no concello de Sada.

Exporanse as primeiras pezas realizadas no obradoiro do Castro de Samoedo nas que transfire a esencia da súa pintura á arxila. O pintor de cabalete convértese, así, nun industrial ceramista, principiando unha andaina que durará toda a súa vida.

Imaxe:
Imaxe: