A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo
O Laboratorio de Formas
Nesta sección amósanse desde os inicios do Laboratorio que datan de 1963 en Bos Aires, cando Isaac e Seoane deciden crear unha entidade para orientar e dirixir as iniciativas que ían concebindo para materializar nun futuro en Galicia, ata cando en 1967 crean legalmente o Laboratorio e definen o seu corpo teórico, coas ideas que xorden das inquedanzas de ambos os dous polo papel do artista na sociedade industrial e converter as particularidades locais en universais. Con estas premisas verán a luz Ediciós do Castro, seguida da restauración de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o novo Seminario de Estudos Galegos, a Escola Libre, o Instituto Galego de Información…
Neste apartado da exposición amosaranse deseños de mobiliario, arquitectura, cerámica e gráfica realizados por Isaac.