A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo
O pintor de cabalete
Esta sección iníciase coa súa formación da man do seu pai, o escenógrafo, grafista e artista plástico Camilo Díaz Baliño, e remata na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando en 1942, grazas a unha bolsa de estudo que lle concede a Deputación da Coruña.
Os anos corenta marcan a súa primeira etapa pictórica que se caracteriza por un clasicismo no que amosa un dominio pleno do oficio e que perfecciona estudando os grandes mestres no Museo Nacional del Prado e nas viaxes de estudo a Italia.
Posteriormente, xa na década dos cincuenta, as súas experiencias en deseño cerámico alumean a etapa intermedia, en
que a pincelada vólvese máis solta e expresiva.