A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo
Coincidindo coa dedicación do Día das Artes Galegas de este ano 2025 por parte da Real Academia Galega de Belas Artes á figura do artista Isaac Díaz Pardo, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza a exposición A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo, comisariada polo seu fillo Xosé Díaz Arias e en colaboración co equipo técnico facultativo do Museo de Belas Artes da Coruña. O deseño expositivo correrá a cargo de Xosé Luis Rey Barreiro.
A exposición
O título da mostra xorde das dúas grandes obras que Isaac realizou en distintas épocas sobre o relato mitolóxico da nave do barqueiro do inframundo. O tema, que insinúa a viaxe do pobo galego cara ao seu destino, evoca aquí o propio percorrido creativo do artista, que vai dende as artes plásticas ao deseño industrial.
A exposición articúlase en cinco seccións coas que se pretende amosar esa traxectoria, desde a súa primeira etapa pictórica ata a derradeira, deseñística e industrial, pasando pola etapa de transición plástica e a do estudo e posta en práctica dos sinais que trasmite a tradición e a memoría, coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia e os seus proxectos.

O catálogo da mostra
Publicarase un catálogo sobra a mostra que incluirá textos de Mª Victoria Carballo Calero Ramos (escritora e crítica de arte e literatura), Juan Manuel Bonet Planes (exdirector do IVAM, do MNCARS e do Instituto Cervantes), Xosé Luis Axeitos (Académico da RAG), Ruy Farías Iglesias (Universidade de Bos Aires), Inmaculada Real López (Universidad Complutense de Madrid), Lorenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela) e Antonio Río Vázquez (Universidade da Coruña).

Máis información: Publicación