Seoane, Luis

Buenos Aires
-
01/06/1910
Coruña (A) (m)
-
05/04/1979

Ver obras de Luis Seoane

as mariscadoras

Luís Seoane é un dos galegos máis destacados do século XX, un home profundamente comprometido coa cultura e a sociedade galega, que traballou como artista, escritor, xornalista, editor e promotor de moitas iniciativas culturais ao longo da súa vida.

Nace en Buenos Aires nunha familia de emigrantes que regresará a Galicia en 1916, polo que pasa a súa infancia na Coruña ata que se traslada coa súa familia en 1920 a Santiago de Compostela, onde estudará o Bacharelato e iniciará a carreira de Dereito. En Santiago comeza a súa actividade artística realizando a súa primeira exposición en 1929 na Sala de Amigos da arte, unha mostra á que lle segue a exhibición de 1930 no Café español, destacando como debuxante e ilustrador. Son anos de formación e estudo, pero tamén de experiencias vitais, pasa tempadas na aldea da súa nai, no Pino, onde se atopa María Elvira Fernández (máis coñecida como Maruja Seoane) con quen casará en 1937.

Tras a proclamación da II República en 1931, implícase en movementos intelectuais e políticos: deseña o cartel para o estatuto de autonomía de Galicia e abre un despacho de avogados na Coruña, onde traballará ata que o estalido da Guerra Civil e a súa actividade política obrigaranlle a exiliarse e a regresar a Buenos Aires. Alí promoverá todo tipo de actividades culturais: crea diversas editoriais, revistas, participa na radio, en coloquios, en exposicións, e coincide con intelectuais e artistas galegos como Maruja Mallo, Isaac Díaz Pardo, Lorenzo Varela, Laxeiro ou Manuel Colmeiro. Unha das revistas máis destacadas foi Galicia Emigrante, publicada entre 1954 e 1959, da que foi promotor, editor e director.

Todas as súas actividades reflicten que nunca se esqueceu de Galicia e que sempre mostrou un compromiso coa sociedade galega. Durante esta etapa de exilio realiza varias viaxes por Europa para coñecer a obra de artistas como Picasso, Fernand Léger ou Henry Matisse, e convértese na figura crave do galeguismo en América tras a morte de Castelao en 1949. Na súa actividade artística, comeza a introducir a colaxe nos gravados en madeira, realiza os primeiros anuncios abstractos de Arxentina, cos carteis de Cinzano e Otard Dupuy; e destacan os preto de cincuenta murais que leva a cabo en Buenos Aires. Realiza álbums de gravados e ilustracións de libros de autores como Unamuno, Alberti, Lorca ou Neruda.

Tras vinte e sete anos no exilio, en 1963 viaxa a España para expoñer en Madrid e na Coruña. A partir deste intre, o seu contacto coa península vai ser cada vez maior con viaxes esporádicas, que terán como resultado novos proxectos. Xunto a Isaac Díaz Pardo, en 1968 funda o Laboratorio de Formas, cuxo obxectivo é recuperar a Cerámica de Sargadelos, ademais de crear a editorial Ediciós do Castro e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, reflexo da súa intención de reconstruír a historia da arte galega a través do movemento renovador do século XX.

Os seus últimos anos de vida os pasa en Galicia, traballando como artista e implicándose en proxectos culturais en favor da defensa de Galicia. Morre na Coruña, onde pretendía volver e instalarse definitivamente.

Obras do/a autor/a

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • 7 Estampas de circo (#6123 - Álbum de estampas - Cartulina - Serigrafía)
  • Catro Poemas Galegos (María Pita e tres retratos medioevales) (#5134 - Álbum de estampas - Papel - Xilografía)
  • Declamador sorprendido (#5032 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Desnudo esgrimista con basto (#5033 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Diez xilografías originales. (Bestiario) (#6170 - Álbum de estampas - Papel - Xilografía)
  • El matadero (#5788 - Álbum de estampas - Cartón - Xilografía)
  • El olvidado I (#5008 - Estampa - Papel - Xilografía, Collage)
  • El pulpo (#4964 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • El pulpo (#5087 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • El pulpo (#5085 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • El pulpo (#5084 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • El pulpo (#5083 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • El pulpo (#5082 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • El pulpo II (#4965 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • El sol I (#5037 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • El sol IV (#5039 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • El sol V (#5040 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • El sol VI (#5041 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Figura en rojos, sin nombre (#5058 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Gran nube y desnudo (#5034 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Guerrero celta al acecho, olvidado (#4976 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Insectario (#5080 - Álbum de estampas - Papel - Xilografía)
  • Intentando golpear ideas (#6181 - Álbum de estampas - Papel - Xilografía)
  • Lo que queda (#5029 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Martina Céspedes (#6145 - Álbum de estampas - Papel - Xilografía)
  • O Meco (#5081 - Álbum de estampas - Papel - Xilografía)
  • Pájaro (#5129 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Pájaro (#5128 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Pájaro y luna (#5127 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Pájaro y sol (#5126 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Sacerdotisa de oscuros presagios (2) (#5001 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Sin Título (#5131 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Sin Título (#5132 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Sin Título (#5133 - Estampa - Papel - Xilografía)
  • Sin Título (#5130 - Estampa - Papel - Xilografía)