Actividades
Museo de Belas Artes da Coruña
A sala 2 dedícase á pintura barroca europea do século XVII, con exemplos de España e Flandres, con especial incidencia da pintura mitolóxica, na que Rubens ten un protagonismo fundamental.
Museo de Belas Artes da Coruña
Visita guiada á sala 5 da colección permanente do museo, dedicada á pintura galega das últimas décadas do século XIX e a presencia de mulleres artistas.
Museo de Belas Artes da Coruña
Visita guiada á sala 2 da colección permanente do Museo, dedicada á pintura barroca europea do século XVII
Dentro do marco da exposición Arquitecturas que falan do seu tempo o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para público xeral para coñecer a figura de 23 arquitectos académicos da Real Academia Galega de Belas Artes, que coas súas creacións modelaron e transformaron o espazo de cidades e pobos.
Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña
Na visita explicarase a historia e evolución da biblioteca e das súas coleccións e os seus servicios.
Vive unha viaxe ao século XVII coa exposición interactiva "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens", que permite percorrer as salas do perdido pavillón de caza do rei Felipe IV para contemplar unha das mellores coleccións de pintura do século XVII.
Percorrede as salas do perdido pavillón de caza do rei Felipe IV para contemplar unha das mellores coleccións de pintura do século XVII.
Dentro do marco da exposición Convidadas: Dúas miradas de Zuloaga, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para público xeral para coñecer en profundidade os dous retratos femininos realizados por Ignacio Zuloaga, pertencentes á colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e que supoñen dúas miradas contrapostas sobre a imaxe da muller.
Dentro do marco da exposición Convidadas: Dúas miradas de Zuloaga, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para grupos e asociacións culturais para coñecer en profundidade os dous retratos femininos realizados por Ignacio Zuloaga, pertencentes á colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e que supoñen dúas miradas contrapostas sobre a imaxe da muller.
Datas: desde o 26 de novembro de 2024
Horario:
Dentro do marco da exposición Arquitecturas que falan do seu tempo o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para grupos e asociacións culturais para coñecer a figura de 23 arquitectos académicos da Real Academia Galega de Belas Artes, que coas súas creacións modelaron e transformaron o espazo de cidades e pobos.
Datas: desde o 26 de novembro de 2024