Visitas
RESERVA DE VISITAS ESCOLARES DO CURSO 2026-2027 A PARTIR DO MÉRCORES 9 DE SETEMBRO
A programación didáctica deseñada especialmente para a comunidade educativa inclúe visitas guiadas e actividades adaptadas ás diferentes etapas, desde Educación Infantil ata Bacharelato. O obxectivo destas propostas é espertar o interese pola arte no alumnado, fomentar o hábito de visitar centros culturais e coñecer de preto as obras de arte, creando unha experiencia enriquecedora e dinámica.
A mirada pode ser semellante, pero a percepción é única. Nesta visita explóranse, mediante diversas dinámicas, as diferentes sensacións e significados xerados pola interpretación individual da arte.
As mulleres foron encorsetadas ao longo da historia da arte. Aproveitaremos a visita ao museo para reflexionar sobre a representación pictórica feminina e sobre o escaso número de mulleres artistas recoñecidas socialmente.
A través das cinco series de gravados de Goya analizaremos as luces e sombras do artista e do seu contexto.
Pensada para alumnado de 2º de Bacharelato, esta proposta permite repasar conceptos clave do currículo de Historia da Arte a través dun percorrido pola colección.