Visitas

RESERVA DE VISITAS ESCOLARES DO CURSO 2026-2027 A PARTIR DO MÉRCORES 9 DE SETEMBRO 

A programación didáctica deseñada especialmente para a comunidade educativa inclúe visitas guiadas e actividades adaptadas ás diferentes etapas, desde Educación Infantil ata Bacharelato. O obxectivo destas propostas é espertar o interese pola arte no alumnado, fomentar o hábito de visitar centros culturais e coñecer de preto as obras de arte, creando unha experiencia enriquecedora e dinámica.

Ler aquí as normas das visitas escolares

Reserva de visitas aquí

Visita comentada - 2º ciclo da ESO

A mirada pode ser semellante, pero a percepción é única. Nesta visita explóranse, mediante diversas dinámicas, as diferentes sensacións e significados xerados pola interpretación individual da arte.

Visita dinamizada - 1º, 2º, 3º, 4º ESO e Bacharelato

As mulleres foron encorsetadas ao longo da historia da arte. Aproveitaremos a visita ao museo para reflexionar sobre a representación pictórica feminina e sobre o escaso número de mulleres artistas recoñecidas socialmente.

Visita dinamizada - 1º, 2º, 3º, 4º ESO e Bacharelato

A través das cinco series de gravados de Goya analizaremos as luces e sombras do artista e do seu contexto.

Visita técnica - 2º Bacharelato

Pensada para alumnado de 2º de Bacharelato, esta proposta permite repasar conceptos clave do currículo de Historia da Arte a través dun percorrido pola colección.

Visita-taller-tertulia en Museo de Belas Artes da Coruña

Programa de atención á diversidade, a realizar na sede do Museo, que combina visita, obradoiro e tertulia, asegurando actividades adaptadas e inclusivas.

Visita virtual + taller en instalacións da entidade solicitante

Proxecto educativo dirixido a colectivos con diversidade funcional ou en risco de exclusión, no marco do programa Cultura Accesible e Inclusiva liderado pola Fundación Emalcsa. Dende o 2020, emprega experiencias inmersivas de Realidade Virtual para levar virtualmente o Museo ata a propia sede dos centros participantes.

Sesión teórica inicial + Obradoiro artes plásticas no Museo de Belas Artes da Coruña

Proxecto sociocultural pensado para colectivos en situación de vulnerabilidade, que busca reflexionar sobre as raíces e a identidade propia, explorando dimensións culturais, xeográficas, emocionais e persoais tanto a nivel individual como colectivo. Durante diversas sesións no Museo, cada grupo traballa un tema e unha técnica artística, da man de diferentes artistas locais.