Pablo Picasso. Academia (cabeza de fauno). A Coruña, 1894

Pablo Picasso
Academia (cabeza de fauno)
A Coruña, 1894.
Carboncillo e lapis Conté sobre papel
50,5x48,3 cm
Museu Picasso, Barcelona. Doazón Pablo Picasso, 1970
MPB 110.875

© Museu Picasso, Barcelona. Fotografía: Fotogasull
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2023

Academia e clasicismo: xénese do fauno e o home do cordeiro

A afirmación do clasicismo é a primeira referencia do artista, que ademais reivindicou a posibilidade de transformala. A súa primeira formación académica regulábase a partir dos ditames da Academia de San Fernando, e baseábase no uso de láminas e xesos escultóricos como ferramentas de estudo.

Así, na escola produciu multitude de modelos que evocaría nos anos posteriores, como a cabeza de fauno, o home do cordeiro ou a Hypnos, orixe das cabezas femininas aladas do período 1950-1953.