Pablo Picasso
Natureza morta con instrumentos musicais sobre unha mesa
París, outono 1913
Lapis de grafito e acuarela sobre papel
31,5x23 cm
Fundación Almine y Bernard Ruiz-Picasso
© FABA Photo: Hugard & Vanoverschelde
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2023

Cubismos

Algúns autores fixan o nacemento das formas protocubistas picassianas na rigorosa formación recibida na Coruña.

Os seus precedentes máis notorios son as xeométricas casas de campo dos seus Cadernos coruñeses, que anticiparían algúnhas das primeiras paisaxes cubistas.

A isto uniríase o seu interese polos instrumentos musicais e os músicos –que na Coruña plasma en Escena popular galega (1895)–, iconografías que salpicarán con frecuencia a súa obra cubista. Ademais, nos xornais Azul y Blanco e La Coruña observamos formas prematuras da súa investigación (algunha figura humana, unha gaita ou a mesma Torre de Hércules), confrontando o contido e as regras xornalísticas que, anos máis tarde, atoparemos nos seus papiers collés.