Visitas

A exposición Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro será unha oportunidade única para que o público se achegue á obra de Pablo Picasso.

O período que pasou na cidade herculina, entre 1891 e 1895, foi crucial na súa formación como artista, e tamén na súa traxectoria vital, como paso da nenez á adolescencia.

Esta mostra analiza como a etapa coruñesa foi transcendente no seu futuro e como foi esencial nos temas e iconografías de etapas posteriores.


Programa de visitas

  • Público escolar: ofrécense visitas especializadas en distintos niveles académicos, pondo en relación os contidos da exposición coas obras da colección permanente do museo. 
  • Grupos e asociacións: visita comentada a través das diferentes seccións da mostra. 
  • Público xeral: visita explicativa dos contidos da mostra.