Pablo Picasso
O pintor e a modelo
1963
Óleo sobre lenzo
130x195 cm
Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid
AS02035
© Archivo Fotográfico: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2023

O pintor e o seu modelo

O tema do pintor e a modelo, unha das súas últimas e máis coñecidas series, tamén atopa a súa orixe, segundo os expertos, na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña.

Durante os seus estudos realizaría a que posiblemente sexa a súa primeira obra mestra: La muchacha de los pies descalzos (1895). A través desta iconografía, que ten a súa orixe nos primeiros retratos do natural de familiares e amigos, o artista cuestiónase e representa a súa propia experiencia vital en relación co proceso creativo, asimilando, en opinión dalgúns, o acto de pintar co acto sexual.

Como sinala Kahnweiler, na obra de Picasso non había ningunha figura feminina que non representase á muller amada dese momento.