Pablo Picasso
Maya à la poupée
1938
Óleo sobre lenzo
73,5x60 cm
Musée national Picasso-Paris
MP 170

© Photo: RMN-Grand Palais (Musée national Picasso-Paris) / Adrien Didierjean
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2023

Poéticas de autoafirmación: retrato e autorretrato

Retratar e autorretratarse formaban unha das razóns de ser de Picasso como pintor, como unha reafirmación de si mesmo e do mundo que lle rodeaba.

Iniciouse no xénero durante os primeiros anos coruñeses, nos que pintaba á súa familia –ao seu pai, á súa nai, ás súas irmás e mesmo ao seu can Clíper– ou aos vellos e esmoleiros que pululaban polas rúas, nunca a personaxes inventados.

Co paso dos anos, a configuración dos seus rostros irían evolucionando cara a procesos deconstructivos, cuxa fragmentación e análise, desde a xeometría á caligrafía xestual, terminarán por definir ao artista que soubo penetrar na alma dos seus personaxes.