Pablo Picasso
As meninas
Cannes, 17-11-1957
Óleo sobre lenzo
35x27 cm
Museu Picasso, Barcelona. Doazón Pablo Picasso, 1968
MPB 70.480
© Museu Picasso, Barcelona. Fotografía: Fotogasull
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2023

Grandes mestres

Na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña naceu o seu interese por coñecer e copiar a obra dos autores clásicos. Picasso dicía que, cando estaba a pintar, todos os grandes mestres do pasado estaban con el no taller e mesmo o miraban, como sucedería con Velázquez cando recreou as súas Meninas.

A esta xuvenil intuición, sucederíaa a súa afección por frecuentar galerías e museos para aprender directamente dos seus antecesores, así como o gusto por coleccionar fotografías e postais de obras de arte do Greco, Velázquez, Goya, Giotto, Botticelli, Ucello, Leonardo, Rafael, Tiziano…