Pablo Picasso
Marine
1967
Ripolin sobre contrachapado
22,4x52 cm
Fondation Jean and Suzanne Planque,  en depósito no Musée Granet, cidade de Aix-en-Provence (France)
© Photo: Luc Chessex.
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2023

Realismos, paisaxe e etnografía

A partir da linguaxe prevalecente na España e, concretamente na Galicia de finais do XIX, Picasso busca un modelo de realismo antiacadémico, con sabor etnográfico, e tratado desde a interpretación xestual da realidade. A pesar da pouca presenza que tivo a paisaxe na súa obra, é tamén na Coruña onde descobre o seu interese polo xénero.

Así, os debuxos do seu primeiro Caderno coruñés dan testemuño dunha atención pola arquitectura popular, onde a horizontalidade tradicional é negada pola verticalidade das construcións, anunciando así as singulares paisaxes cubistas de Horta de Ebro (1909).