Pablo Picasso
Mosqueteiro. Cabeza
30-3-1967
Óleo e cera de cor negra sobre táboa de madeira
78x61,5 cm
Museo Universidad de Navarra
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2023

Mosqueteiros

Nos seus anos xuvenís da Coruña, Picasso descobre a figura do mosqueteiro, tal vez a través de publicacións da época ou na obra dos seus profesores.

Este personaxe de capa e espada, tan soada nos séculos XVI e XVII e mitificado pola literatura francesa e Alejandro Dumas, convértese en iconografía recorrente desde 1966.

A partir de entón, desprega un abanico de miradas, en forma de sobrios gravados ou en pinturas de rebosante cor, que relaciona co gusto pola parodia. Nelas, parece recuperar o carácter lúdico daqueles que debuxou na súa adolescencia coruñesa, aínda que desde novas posicións estéticas, sometidas ás análises cubistas e á xestualidade expresionista.