Pablo Picasso
"La Coruña"
A Coruña, 16-9-1894

Tinta, lapis grafito e almohadiña de tinta sobre papel
21x26,8 cm
Musée national Picasso-Paris
MP402(r)

© Photo: RMN-Grand Palais (Musée national Picasso-Paris) / Adrien Didierjean.
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2023

Picasso escribe

O Picasso escritor naceu nos pequenos relatos ilustrados e no viñetismo crítico dos seus xornais adolescentes, Azul y Blanco e La Coruña. Neles aprendeu a captar a realidade desde unha dobre dimensión: a imaxe e a escritura, testemuñando o interese que a prensa escrita e a actualidade suscitaban nel.

Isto sería o punto de partida dunha profusa obra literaria –especialmente como poeta e autor teatral, a partir da década de 1930–, ademais dunha fonte de inspiración para as súas obras, que atopaba en revistas ilustradas como a modernista Blanco y Negro, ou en pequenos xornais satíricos e humorísticos da época.