Pablo Picasso
A esmola
Barcelona, c. 1899
Carbón, lapis e témpera sobre papel pegado a lenzo
47x32 cm
Colección particular
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2023

A arte nunca é casta. Erotismo

Picasso utilizou a sexualidade e o erotismo ao longo de toda a súa obra ata o punto de equiparar o acto creativo e o acto procreativo, proxectándoa na súa obra de todas as maneiras posibles.

Como sostén unha das súas expertas máis sutís, a precoz sexualidade de Picasso na Coruña ratifica a precocidade do seu talento e, polo tanto, o alcance do seu xenio. Así, unha das súas primeiras experiencias voyeuristas tivo lugar en Riazor, cando descubriu nunha caseta da praia a unha muller espida e fixou os seus ollos na lanuxe púbico?, escena que xamais esquecería.

Ademais, as irmás Méndez Gil, Ángela e María –a quen dedica mensaxes nos libros de texto que usa no instituto coruñés– foron o principio dunha longa lista de mulleres que haberían de pasar pola súa vida.